Ponteareas
Esquerda Unida reclama accesibilidade na Freixa
A agrupación local de EU ven de enviar un escrito a todos os partidos da corporación municipal para que fagan cumprir a lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia, nas obras promovidas polo concello.
No Pleno Municipal do 20 de marzo de 2018 aprobouse o “proxecto de execución de acondicionamento de construción, recuperación e posta en valor da Praia Fluvial de A Freixa”, este proxecto non garante o acceso universal a un parque público, contravindo a lexislación sobre accesibilidade. Neste pleno o concelleiro de EU abstívose na votación deste proxecto, debido a que a documentación non foi enviada con tempo suficiente para poder analizala adecuadamente.
A lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia, que constitúe un texto integrador para desenvolver a diversidade de disposicións sobre accesibilidade, ten como obxectivos acadar unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades. Esta lei establece as bases para a supresión de barreiras na edificación, nos espazos urbanos, no transporte e na comunicación, e para a promoción da accesibilidade e a mellora da calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade e mobilidade reducida.
Tras a demanda dun veciño, consistente en adecuar o entorno da praia da Freixa co obxecto de garantir a accesibilidade universal neste espazo público, “estudamos o proxecto aprobado, observando con sorpresa que o proxecto non cumpre a normativa obrigatoria relativa á accesibilidade. Entre outros aspectos, non se habilitan itinerarios accesibles, aseos adaptados nin prazas de aparcamento accesibles” sinalan.
Ante esta situación de vulneración dos dereitos das persoas con discapacidade EU enviou un escrito aos partidos con representación na corporación municipal para solicitar a revisión do proxecto para a súa adaptación á normativa vixente en materia de accesibilidade.
Tamén reclaman que se publicite o proxecto modificado, así como todas as obras promovidas polo ente local, para que as asociacións e persoas interesadas poidan supervisar e aportar melloras a estes proxectos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21