Vigo
Familias do CEIP Emilia Pardo Bazán queixanse da falta de medios para previr a Covid19
A ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo) en Vigo está a presentar estes días diversas queixas fronte ás distintas administracións implicadas, e mesmo unha reunión co Xefe Territorial de educación de Pontevedra, polo que consideran un deixamento por parte da Xunta de Galicia de cara á prevención da COVID19 neste centro.
Unha destas queixas fai referencia ao servizo de comedor, ofrecido por unha empresa de catering contratada pola Xunta, xa que, segundo a ANPA, a Consellería négase a aumentar o orzamento dedicado a este servizo para cumprir coas medidas de seguridade mínimas necesarias para afrontar a emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
“Para o cumprimento do protocolo imposto pola propia Xunta durante o presente curso o centro precisou crear unha nova quenda de comedor, o que supón que existan este ano tres quendas. A creación desta nova quenda fai que se teña que ampliar o horario do comedor, dende as 13:00 horas ata as 15:30. A Xunta négase a contratar máis persoal así que os nenos teñen que ir saíndo do comedor dende as 14:30 ata as 15:30, en lugar de saír ás 16:00 horas como era habitual, o que complica en gran medida a conciliación familiar e laboral, véndose moitas familias obrigadas a renunciar temporalmente ao servizo, a costa, nalgúns casos, de renuncias laborais por parte das mulleres para asumir o coidado das crianzas, e noutros de recorrer aos avós e avoas, co risco que supón para este sector da poboación a convivencia cos nenos nestes momentos” sinalan.
Tamén explican que “a maiores, mentres as crianzas agardan a que chegue a súa hora de entrada ao comedor, están pechadas en aulas nas que non poden moverse, sen poder saír ao patio, porque non hai suficientes monitoras para vixialas, prolongando así o padecemento de tódolos meses de confinamento”.
Outro feito que preocupa enormemente ás familias é que ás monitoras contratadas pola empresa concesionaria do servizo de comedor non se lles fixeron probas PCR “malia que elas mesmas as solicitaron”. Isto implica que “estas traballadoras están servindo a comida aos nenos, no momento que estes están sen máscara e non poden manter a distancia social, sen saber se poden estar contaxiadas, e non hai que esquecer que os nenos e nenas mais pequenos precisan da súa axuda en moitos casos para poder comer”, segundo a ANPA.
As outras queixas presentadas fan referencia á falta de reforzo no profesorado do centro xa que á xa habitual falta de tempo do equipo directivo por ter que asumir cada vez máis funcións de tipo administrativo, únese a sobrecarga de traballo que supón ter un equipo COVID do centro, que ten que elaborar innumerables plans, poñer en marcha a aula virtual, e comunicarse coas familias, autoridades sanitarias e educativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155