Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas adxudica axudas a autónomos e empresas por un total de 180.000 euros

O goberno municipal do Psoe-BNG concede a un 80% dos solicitantes axudas directas de reactivación económica

Co obxecto de paliar as consecuencias derivadas da crise provocada polo Covid-19 e minimizar a grave situación económica e social á que se enfrontan os negocios da  Vila, as concellerías de Emprego e formación así como Comercio publicaron conxuntamente unhas axudas directas de 500 e 300 euros respectivamente para todas aquelas actividades económicas afectadas pola declaración do Estado de Alarma.

 

Estas axudas, que foron tramitadas dende o Centro de Desenvolvemento Local, están practicamente resoltas na súa totalidade, tan só están pendentes de resolverse 41 recursos interpostos; o que supón que foron admitidas un 80% das solicitudes presentadas.

 

A concelleira de emprego e formación, a socialista Vanesa Fernández, indicou que houbo un total de 540 solicitudes das cales foron concedidas 419 o que supón unha axuda directa do concello ás empresas da nosa vila de preto de 180.000 euros. A concelleira sinala que “cumprimos así o noso obxectivo de prestar apoio inmediato ás persoas autónomas e empresas da nosa vila de xeito que permita asegurar a reactivación económica do noso concello”.

 

Aqueles negocios que por problemas económicos con outras administracións non puideron acceder á axuda posta en marcha polo Concello de Ponteareas serán informados nos vindeiros días de outras posibilidades de axuda. Así, a concelleira socialista Vanesa Fernández sinalou que “dende o centro de desenvolvemento local chamarase a todos aqueles que por débedas non obtiveron a axuda directa polo Covid-19 para informarlles de que poden pedir cita coa asistenta social no concello e ver se encaixan as súas necesidades nas axudas de emerxencia social que se atenden durante todo o ano”. Así mesmo a concelleira de Emprego e formación adiantou que dende a súa concellería xunto coa concellería de comercio estaba a negociarse coa oposición unha nova liña de axudas para a reactivación económica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.