O Rosal
Sanidade levanta no Rosal as medidas restritivas por mor da COVID-19
Tómase esta decisión pola evolución positiva da situación epidemiolóxica. Dende as 00.00 h deste sábado 19 volverán a estar en vigor as medidas anteriores.
A Consellería de Sanidade decidiu levantar as medidas restritivas que se viñan aplicando no Rosal tras a evolución positiva da situación epidemiolóxica. Ademais de baixar ata 15 os casos activos e ata 25 as persoas en corentena, as autoridades sanitarias aseguran que todos os contaxios e brotes están perfectamente controlados e a situación é estable.
Esta decisión publicarase este mesmo venres no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor a partir das 00.00 horas do sábado 19 de setembro. Dende ese mesmo momento estarán vixentes as medidas anteriores, como a obriga de levar máscara, manter a distancia de seguridade e extremar as medidas de hixiene.
Dende o Concello quérese facer un novo chamamento á responsabilidade e a seguir sendo respectuosos coas medidas preventivas establecidas. Aínda que a situación está a mellorar non debemos confiarnos: nesta nova realidade debemos convivir coa COVID-19, polo que debemos ser conscientes da nosa vulnerabilidade e redobrar esforzos para minimizar riscos.
O Concello trasladará á veciñanza calquera nova información oficial que se comunique dende Sanidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149