Lunes, 02 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación reparte 1,2 millóns de euros entre 132 clubs

Ademais dos 81 equipos que participan en competicións federadas de ámbito nacional, recibirán as achegas os 51 do deporte náutico, con clubs de remo, piragüismo e vela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o gasto de 1,2 millóns de euros destinados a novas subvencións ao deporte das que se beneficiarán un total de 132 clubs da provincia. En concreto, destinaranse 775.000 euros para clubs deportivos que participan en competicións federadas no ámbito nacional, e outros 473.500 para clubs de deportes náuticos, co obxectivo, en ambos casos, de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais.

 

Carmela Silva: “Somos unha gran referencia en deporte e queremos seguir apostando para que os clubs teñan recursos para manter a súa actividade, e máis agora nestes tempos complicados de pandemia”

 

No caso dos clubs federados que compiten en ámbito nacional, serán 81 os beneficiados destas axudas. Trátase de entidades de múltiples disciplinas deportivas, como o atletismo, balonmán, ciclismo, judo, tenis de mesa ou voleibol. E, no caso das subvencións ao deporte náutico, destinaranse a 51 clubs de remo, vela e piragüismo. Para os primeiros destinaranse 141.5oo euros, mentres que 71.500 euros serán para clubs de vela e 260.500 euros para os de piragüismo.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que este ano a institución destina en conxunto un investimento de máis de 3 millóns de euros ao deporte da provincia, no marco da súa firme aposta por este eido. “Somos unha grande referencia en deporte e queremos seguir apostando para que os clubs teñan os recursos para poder manter a súa actividade, máis agora nestes tempos complicados de pandemia”, destacou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.