PONTEAREAS
Nais e país do IES do Barral piden máis profesorado
Nais e país do IES do Barral solicitan "de carácter urxente reforzar o profesorado e o servizo de limpeza do centro".
A escasos días do comezo do curso escolar nais e país do IES do Barral lamentan "que a Xunta incumpra os compromisos publicitados nos medios de comunicación de baixar as ratios dos centros de ensino aumentando o número de Mestres para o presente curso".
Anpa e representantes das nais e país no consello escolar do centro instan a consellería de educación "a reforzar de carácter urxente o equipo de docentes do centro, atendendo as demandas do centro para desenvolver con normalidade o presente curso que convivir co perigo do covid. Señor Feijóo non hai escusa para recortar na educación dos noso fillos, invertir en educación e invertir no futuro e prosperidade da nosa nación".
Os representantes das nais e país tamén lamentan que "cando una das maiores premisas para evitar ou minimizar o perigo de contaxio e propagación sexa a hixiene e limpeza, desde a consellería opten por seguir mantendo o número de limpadoras/es que nos cursos anteriores, dividíndoas en dúas quendas una limpadora na quenda de mañá atendendo a limpeza de aseos e zoas común dun centro que mobiliza preto de persoas entre alumnado persoal docente, administrativo…..Señor Feijóo compre urxentemente aumentar o persoal de limpeza".
Por último sinalan que "tampouco saen as contas, ano tras ano o centro ve como se multiplican o número de solicitudes de matricula para acceder o centro polo que tamén se pon enriba da mesa a necesidade de revisar o mapa escolar e modificalo para o mellor reparto do alumnado entre os centro da zoa escolar. Non se pode deixar de obviar que para o presente curso o centro tivo que rexeitar alumnos por exceso de solicitudes derivándoos a outros centros da vila".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21