Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 25 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta de Galicia licita a construción da nova Escola Infantil da Guarda

O centro permitirá aumentar a ratio de atención infantil ata o 48%, 15 puntos superior ao recomendado pola Unión Europea

A conselleira de Política Social, Fabiola García, informouesta semana que a Xunta de Galicia ten en licitación a construción da nova escola infantil da Guarda, que contará con 41 prazas. Fíxoo durante a visita que realizou esta mañá en compañía do alcalde deste municipio, Antonio Lomba, ao lugar onde se emprazará o centro.

 

A conselleira de Política Social explicou que a partir de hoxe xa se poden presentar as propostas para a construción das novas instalacións, que se localizarán no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.

 

A nova escola da Guarda, que se integrará na rede pública autonómica, terá tres unidades e 41 prazas, o que permitirá aumentar a ratio de atención infantil ata o 48%, 15 puntos superior ao recomendado pola Unión Europea. A súa construción e equipamento contan cun orzamento de 760.000 euros, dos que o Goberno galego achega 480.000 euros e a Administración local os 280.000 euros restantes.

 

 

 

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá, en compañía do alcalde, Antonio Lomba, o lugar no que se emprazará o centro

 

 

 

 

En concreto, as obras consistirán na reforma da antiga vivenda dos mestres e do vello comedor, sobre os que se levantará unha nova planta. Deste xeito, o edificio contará cunha superficie de 680 m2 que se distribuirá en tres aulas, un espazo de usos múltiples, aseos, unha cociña e estancias de uso exclusivo do persoal.

 

Fabiola García subliñou que o compromiso da Xunta por facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia ratifícase en servizos como a futura escola infantil da Guarda. Así mesmo, agradeceu a implicación do Concello para facer posible este recurso, que mellorará a atención educativa e facilitará a conciliación familiar das veciñas e veciños do municipio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.