Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 24 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG critica a visita da alcaldesa aos maiores do municipio "para sacarse fotos"

Os nacionalistas aseguran que "as redes sociais do concello enchéronse estes días de imaxes de Nidia Arévalo visitando aos matrimonios que celebran as súas vodas de ouro"

Gustavo Barcia ven de emitir un comunicado no que asegura que "o Concello de Mos presenta dúas facianas opostas e contraditorias a través da súa web e das redes sociais: por unha parte, presume de estar á vangarda na prevención da covid-19 e pola outra, comparte fotografías nas que se ve como os membros da equipa de goberno actúan de forma neglixente. Nesta última semana, foi posible realizar un seguimento do percorrido que Nidia Arévalo fixo polas casas dos matrimonios do concello que celebraron as súas vodas de ouro en 2020".

 

Tradicionalmente estas parellas viñan sendo homenaxeadas cada verán na coñecida popularmente como “Festa dos Vellos”, pero este ano non se puido celebrar, "de modo que a alcaldesa decidiu persoarse casa por casa para entregarlles un agasallo e sacar a correspondente foto para o Facebook" sinalan.

 

O portavoz do BNG no concello de Mos, Gustavo Barcia, considera que “a obsesión pola foto do Partido Popular roza o esperpéntico”, pero neste caso cre que o comportamento de Nidia Arévalo foi máis alá e cualifica de “temeridade” a súa "falta de respecto polas recomendacións sanitarias". “Mentres as autoridades recomendan reducir os contactos sociais e ter un coidado especial coas persoas vulnerables, a alcaldesa dedícase precisamente ao contrario”, segundo Barcia. O concelleiro nacionalista denuncia que a alcaldesa" non amosa ningunha preocupación por gardar a distancia de seguridade e lembra que as persoas de máis de 65 anos están consideradas poboación de risco". Na súa opinión, “poñer aos nosos maiores en perigo de forma innecesaria por sacar unha maldita foto roza o inmoral”.

 

Investir nos Servizos Sociais

Para Barcia, a mellor homenaxe que se lle pode facer neste momento ás parellas que cumpren cincuenta anos de matrimonio “non é unha foto, senón dotar dos recursos necesarios á sanidade pública esquilmada polo PP e aos servizos sociais, que é o primeiro lugar onde acoden cando teñen un problema”. Neste sentido, o BNG reitera a súa reivindicación de que as residencias de maiores reciban a atención precisa para converterse en verdadeiros fogares onde vivir dignamente “e non o abandono que sofren agora por parte da Xunta ante a preocupación dos familiares”, en palabras do portavoz nacionalista no concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.