CULTURA
Ensalle estrea en Vigo o proxecto docu-escénico ‘Outras miradas’
O espectáculo poderase ver ata o 27 de setembro ás 21,00 h. no escenario da rúa Chile
A Xunta de Galicia contribúe á estrea en Vigo de Outras miradas, un proxecto docu-escénico da compañía Ensalle en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). A estrea será mañá venres ás 21,00 h e repetiranse funcións os días 26 e 27 de setembro ás 21,00 h. no escenario da rúa Chile.
Outras miradas é a última montaxe de Ensalle, un proxecto docu-escénico que consta de tres fases: recompilación de material escrito, plástico ou audiovisual; edición e deseño da exposición dese material e traballo escénico para interactuar coa devandita mostra. Partindo da obra A nosa especie, escrita polo profesor de antropoloxía Marvin Harris, Ensalle formulou preguntas (sobre política, ecoloxía, economía, educación, existencialismo...) a artistas e cidadáns, entre eles creadores da talle de Carmen Werner, Sergi Fäustino ou Antonio Fernández Lera. As respostas acadadas en diferentes formatos son a fonte da que se nutre o espectáculo asinado e interpretado por Pedro Fresneda, Raquel Hernández e Artur Rei.
Segundo a presentación dos seus artífices, trátase dun proxecto “que nace da necesidade de escoitar, un proceso fermoso por orgánico, un lugar no que poder atoparnos a pesar da distancia e propoñer puntos de fuga, un lugar sobre o que verter a nosa mirada no mundo, cada un desde a súa linguaxe, poesía, movemento, creación audiovisual, música, pintura...”.
A iniciativa responde á colaboración do Centro Dramático Galego, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, na produción de tres espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo, como son Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.
A iniciativa responde á colaboración da Xunta de Galicia na produción de tres propostas doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo
A compañía
Ensalle é unha compañía de creación contemporánea nada en Madrid en 1995, que se traslada a Vigo en 2003 na súa aposta por continuar coa creación desde esta cidade. Raquel Hernández e Pedro Fresneda fundan ese mesmo Teatro Ensalle, un espazo de exhibición e difusión centrado no teatro e danza contemporáneos, que conta ademais con varias compañías residentes fixas, entre as cales está a propia Ensalle.
O colectivo é actualmente a suma de Raquel Hernández, Pedro Fresneda e Artur Rei e da súa traxectoria conxunta desde 2005. As súas creacións son o resultado dun traballo en continuidade e en evolución permanente, levando a escena propostas que mesturan linguaxes.
A reserva de entradas está dispoñible na web www.teatroensalle.com e no teléfono 986 485 609, en tanto que o despacho de billetes da sala abrirá desde unha hora antes de cada función.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.156