Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 28 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP considera o polígono do Cerquido clave para o presente e futuro de Salceda

O Grupo Popular de Salceda pide consenso e diálogo sobre o proxecto de modificación puntual das Normas Subsidiariais no barrio do Cerquido (Sto. Estevo de Budiño) que afecta o polígono do mesmo nome

Nas últimas semanas, “os vecinos e o Grupo Popular de Salceda enterámonos, a través da prensa e das redes sociais, que o bigoberno MS-PSOE está desenvolvendo o proxecto de modificación puntual das Normas Subsidiarias (normas urbanísticas actuais) na zona do Cerquido. Unha vez máis, gobernan ás costas da corporación municipal elixida democráticamente polos/as salcedenses/as” sentenciou Santi Davila.

 

Sorprendentemente, “o PSOE en 2016 non só pedía diálogo e consenso no planeamento do Cerquido, senón que solicitaron una comisión informativa especial para tratar este asunto, sin embargo, cando aos solicialistas lles toca gobernar olvídanse do que pedían e criticaban anos atrás, olvídanse de dialogar e consensuar co grupo maioriatario da Corporación” afirmou o voceiro popular.

 

Sen lugar a dúbidas, “impulsar a zona industrial do Polígono do Cerquido é de vital importancia para o presente e o futuro do noso municipio. O noso grupo levouno como un compromiso clave nos programas electorais dos últimos dez anos, por iso insistimos en reiteradas ocasións na importancia de traballar no PXOM e na modificación puntual do mesmo, sin embargo, non nos remitiron ningún tipo de información, nin convocaron a reunión algunha para tratar este asunto, polo que o grupo popular pide, simplemente, o mesmo que reclamaban os socialistas salcedenses no ano 2016 cando eran oposición: DIÁLOGO E CONSENSO” sinalou Davila.

 

Para finalizar, para os populares resúltalles curioso que, o lema empregado a diario polos socialistas de Salceda sexa tan contradictorio, “xa que falan de ´Outro xeito de gobernar´, e a hora da verdade, gobernan do mesmo xeito que o goberno do anterior rexedor, máis do mesmo”. Remata o concelleiro e voceiro Santiago Rodríguez Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.