Martes, 03 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 28 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Deputación talará as árbores nas marxes das estradas provinciais para previr incendios

Carmela Silva: “Con este servizo estamos cumprindo coas medidas para evitar o gravísimo problema dos lumes, amais de atender as demandas da cidadanía para que as marxes dos viarios estean en boas condicións”

O Goberno da Deputación vén de aprobar a contratación para a adxudicación do servizo de tala de arborado no dominio público  das marxes das estradas provinciais, no que se investirán máis de 201.500 euros ao fío das tarefas de conservación destes viarios. Como destacou a presidenta Carmela Silva, son traballos de especial importancia “como medida preventiva que facilita a loita contra o lume”, amais de evitar o efecto prexudicial que a vexetación ocasiona nas estradas e atender deste xeito “unha das grandes demandas da xente, que as marxes dos viarios estean en boas condicións”.

 

O novo contrato para este servizo especifica que as especies a talar, como matizou a presidenta, “son todas aquelas que aparecen na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia”. Carmela Silva incidiu en que “pola contra, queda claro que imos conservar aquelas árbores singulares que cumpran outro tipo de funcións”. “Polo tanto –subliñou–, estamos cumprindo coas medidas para evitar os incendios, que cada ano son un problema gravísimo na nosa comunidade”.

 

O servizo contratarase para o 2021 (está en vigor o do 2020) por zonas de actuación, correspondentes ao norte, centro e sur da provincia.  E ademais das estradas provinciais  estarán incluídos os camiños de servizo, enlaces, cruces, variantes e calquera outro terreo que integren o dominio público adscrito a estas vías. Así mesmo, abordarase  a tala puntual de arborado non situado na zona de dominio público cando a árbore ameace a seguridade viaria e o titular da parcela onde se sitúe non atenda os requirimentos da Deputación: “Habería entón un risco serio e poderiamos actuar, o contrato contempla todas as posibilidades”, sinalou a presidenta.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.