Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 01 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda pide novas medidas nos centros de ensino diante do Covid19

O pleno do Concello da Guarda súmase a reivindicación da comunidade educativa para esixir a Xunta de Galiza, que "dote aos centros de ensino de suficiente profesorado e material  para garantir que  a actividade educativa se desenvolva con garantías sanitarias".

 

O Concelleiro nacionalista Xosé Manuel Méndez, calificou como "un auténtico despropósito a posta en marcha  deste comezo de curso por parte da Xunta de Galicia". Na súa intervención diante do pleno manifestou “ A Xunta de Galiza tivo 6 meses para planificar o comezo do curso. Non escoitaron as ANPAS, nin aos representantes do profesorado. Presentaron un protocolo 6 días antes de comezar o curso que prima os criterios económicos por riba da calidade educativa e as garantías sanitarias. Non se respectan os criterios estabelecidos  para o resto da poboación, como poden ser as regras de distanciamento persoal. Non se recollen medidas específicas  para o alumnado con necesidades educativas especiais. Outro tanto ocorre cos comedores escolares.Tampouco se adopta ningunha medida que solucione os graves problemas que se manifestaron durante o confinamento á hora de impartir aulas de maneira telemática, como a fenda dixital, a formación do profesorado e alumnado”.

 

A proposta nacionalista aprobada polo pleno tamén reclama da Xunta de Galiza que se faga cargo dos traballos de desinfección e limpeza dos centros de primaria que recolle o protocolo e que son competencía do goberno galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.