Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:31:29 horas

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño aproba en pleno a súa conta xeral

O Concello cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria e reduce o período medio de pago a proveedores a 10 días

O Concello de Tomiño celebrou a semana pasada un pleno ordinario no que, entre outros asuntos, se aprobou a Conta Xeral do orzamento municipal de 2019. A Conta Xeral é un trámite administrativo que rebela a boa saúde económica do Concello e que permite tanto á corporación como á cidadanía coñecer as actuacións realizadas durante todo o exercicio orzamentario, permitindo controlar o uso dos fondos públicos a xestión económica, financeira, patrimonial e orzamentaria do municipio.


Así mesmo, como confirman os datos achegado no pleno, Tomiño cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria no exercicio 2019.


Por outra banda, o Concello leva tempo traballando para axilizar a tramitación de facturas, fundamental para a reactivación económica no contexto de crise sanitaria que se está a vivir. Deste xeito, no segundo trimestre de 2020 o período medio de pago a proveedores reduciuse ata os 10,38 días.


No pleno tamén se trataron, entre outros temas a aprobación dos festivos locais para o vindeiro ano 2021, que serán o 16 de febreiro, martes de Carnaval, e o 13 de setembro, luns do Alivio. Ademais, aprobouse o protocolo para a posta en marcha dun proxecto piloto para compartir bicicletas eléctricas, unha iniciativa da AECT Rio Minho que busca incrementar a mobilidade transfronteiriza sustentable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.