Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 02 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Guarda sae a licitación

Na sesión plenaria do pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta de alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas da licitación da Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Pasaxe en Camposancos(A Guarda).


Na actualidade este espazo se atopa cedido ao Concello da Guarda por Portos de Galicia ata o 2029 e sairá a concurso público por un canon anual de 8.000 €, asumindo o mantemento, conservación e explotación do espazo.


Os criterios de adxudicación serán o incremento do canon anual e as maiores coberturas e contías da póliza do seguro das instalacións con cláusula de responsabilidade civil sobre o mínimo previsto no prego correspondente.


Deste xeito quedan aprobados os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas que servirán como base para a adxudicación deste contrato de explotación, os mesmos serán publicados nos vindeiros días na sede electrónica municipal:


O prazo de presentación de ofertas queda aberto, dende a publicación dos pregos, durante un período de 20  días hábiles, cando se procederá a apertura de sobres e posterior adxudicación á oferta presentada mellor valorada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.