REDONDELA
Presentación campaña en Galego na hostelaría local
O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, e a Asociación de Empresarios/as de Redondela presentaronesta semana unha campaña de dinamización lingüística.
No acto participou a alcaldesa Digna Rivas, responsabel do departamento de lingua, e Cruz Bastos, sección turismo e Gustavo Rivas, sección de hostalaría, da Asociación de Empresarios.
A campaña está dirixida ao sector da hostalaría co propósito de fomentar a incorporación da lingua galega neste sector e dinamizar o galego entre os clientes, tanto locais coma entre os turistas. Por este motivo, repartiranse nos establecementos de restauración uns manteis de papel, dun só uso.
Haberá dous modelos: por un lado, temos as imaxes cos nomes en galego dos utensilios usados á hora de comer e, o outro modelo, correspóndese cos nomes de peixes que ultimamente son castelanizados (gallo por rapante ou sardinilla por xouba).
Os manteis, realizados polas empresas locais Maber de Chapela e Galpel de Cabeiro, terán unha tiraxe de 50.000 exemplares. Tanto o concello coma a Asociación de Empresarios encargaranse do seu reparto a todos os establecementos que o soliciten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149