GALICIA
Feijóo pide a Sánchez un cento de axentes para a Policía Autonómica
Destaca o papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e incidiu na necesidade de que o Goberno central complete o seu cadro de persoal que, na actualidade, non chega ao 80%.
Durante a toma de posesión do novo comisario da Policía Autonómica, Jorge Manuel Rubal Pena, Feijóo fixo fincapé nas funcións que desempeña este corpo, moi vinculadas coas necesidades e as peculiares da Comunidade, referíndose, a modo de exemplo, ás labores no eido do medio ambiente, como a loita contra os incendios ou a loita contra o furtivismo.
“E non debemos esquecer a loita contra a violencia de xénero ou a protección ao menor”, engadiu, incidindo no papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia, para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais.
Refírese á celebración do Xacobeo 2021 como un importante fito, no que a colaboración da Policía Autonómica será necesaria para que sexa un éxito
Así mesmo, o responsable do Executivo galego resaltou a celebración do Xacobeo 2021 como un importante fito, no que a colaboración da Policía Autonómica será necesaria para que sexa un éxito.
“En definitiva, estamos a falar de retos aos que se enfronta o novo comisario e todo o seu equipo, unha unidade que debía estar composta por 500 policías e á que lle falta un 20% do seu persoal, 100 policías máis. Unha eiva de persoal que están contrarrestando con esforzo e sacrificio”, aseverou.
O titular da Xunta concluíu a súa intervención con palabras de recoñecemento e de agradecemento ao traballo realizado polo comisario saínte, Fernando Pico, reflectido no “magnífico balance” ao fronte da unidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104