PROVINCIA
O PP denuncia que o Decálogo de Estradas da Deputación discrimina ao rural
Miguel Domínguez lamenta que "o Bipartito non aproveitase a modificación que se aprobou en pleno para cambiar o punto 5, que supón un ataque aos concellos do rural"
O grupo provincial do Partido Popular denuncia que a modificación do Decálogo de Estradas da Deputación de Pontevedra continúa discriminando aos concellos do rural, xa que reserva a modificación e ampliación das vías a que teñan un tránsito medio de máis de 3.000 vehículos por día.
O deputado popular, Miguel Domínguez, di que “a interpretación do punto 5 do decálogo é clara”, xa que di que as actuacións de modificación de trazado e ampliación da plataforma das estradas provinciais realizaranse só en estradas cunha intensidade media superior a 3.000 vehículos por día, de non ser viable outras medidas de menor impacto.
“Este punto é un gran ataque aos concellos do rural”, denuncia o popular, que recorda que o PP xa votou en contra do decálogo en 2016, cando se elaborou, e a semana volveu a votar en contra dunha modificación que non cambia en nada este punto. “Xa que modifican o decálogo podían aproveitar para cambialo, porque o que se consegue é dividir a provincia entre cidadáns de primeira e de segunda”. É máis, critica que no debate plenario o deputado socialista Gregorio Agís incluso recoñeceu que había estradas de primeira, segunda, terceira e incluso cuarta.
Sinala que están dividindo a provincia entre cidadáns de primeira e de segunda
Domínguez defende que “as estradas provinciais sempre foron grandes vertebradoras e dinamizadoras da provincia, xeradoras da riqueza e economía do rural”. Mentres que con este decálogo, os cidadáns que viven en zonas poboadas saen beneficiados, e sen embargo, os que viven no rural están sendo prexudicados.
“Non sei si esta é a forma que ten a Deputación de promover o rural. Pero hai estradas que nunca van ser arranxadas por culpa deste decálogo e deste criterio”, e citou como exemplos, a estrada que une A Cañiza con Arbo, que pasa por Mourentán e na que houbo un accidente hai pouco; ou a estrada provincial da Cañiza a Covelo, pasando pola Franqueira.
Ademais, desde o grupo provincial tamén denuncian a modificación do punto 8 do decálogo que aprobaron PSOE e BNG, para que volva a arbitrariedade á hora de financiar os proxectos, cuns criterios que poden ser reformulados segundo convenios de colaboración, “para diferenciar concellos máis amigos e menos amigos”. Nesta liña, di que “pode pasar que no Concello de Salvaterra teña que financiarse o 60% a Deputación e 40% o Concello, e noutras localidades, como poden ser Vigo ou As Neves, a Deputación financia o 100% obras de urbanización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217