Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 18:55:18 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 01 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán estrea a súa primeira electrolineira

Iberdrola a explota xa a un prezo de 30 céntimos Kw/hora, o que supón un custe aproximado 10 € nunha carga ao 80%, e proximamente abrirá outra ao carón do Pavillón Municipal de Panxón

O Concello de Nigrán ven de estrear esta semana unha electroliñeira de Iberdrola ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e contará nos vindeiros días con outra igual  en Panxón, o que sitúa novamente ao municipio na vangarda das políticas medioambientais de España. Así, a localidade ostenta o récord de electroliñeiras en Galicia (dispón desde 2018 dunha semi-rápida municipal e gratuíta pegada á Casa do Concello)  e é a única da comunidade que, ademais, ten todas situadas en espazos públicos. A vantaxe e singularidade  desta nova instalación operativa as 24 horas do día  é que é de carga rápida (50 Kw/hora), o que permite completar o 80% da batería do coche en só media hora, sendo o segundo dispositivo da provincia en ofrecer esta alta capacidade de subministro (recentemente abriuse unha nun espazo privado en Vigo).

 

"É un orgullo para Nigrán ser o municipio de Galicia con  máis electroliñeiras de uso público. Desde 2018 fomos pioneiros ao ofrecer unha municipal e gratuíta ao carón do consistorio con dúas tomas, agora sumamos esta con capacidade para 4 e proximamente teremos outra exactamente igual en Panxón, polo que 10 coches poderán esta a cargar simultáneamente en Nigrán", explica o alcalde, Juan González, quen xunto ao edil de Mobilidade Diego García estreou esta mañá a electroliñeira cargando unha furgoneta e un turismo eléctricos propiedade do Concello.

 

A instalación das mesmas (Porto do Molle e Panxón) correu a cargo da empresa nigranesa ACEUVE e Iberdrola a explota xa cun prezo de mercado de 30 céntimos kw/hora (supón unha media de 10 € por batería cargada ao 80%, para o que se precisa menos de 30  minutos). Todo o ciclo (posibilidade de reserva do conector, pago, información de prezos e ubicación ...) se xestiona  de forma sinxela a través da aplicación de Iberdrola para Android e IOS. "Obviamente son prezos moi asequibles que supoñen un desembolso para o consumidor de entre 1,5-2 € por 100 qm, polo que estes vehículos ademais de ser ecolóxicos resultan moi rendibles  económicamente", destacaron na presentación os representantes de Iberdrola e Aceuve.

 

"Non só somos unha referencia en termos de incentivar a sostibilidade medioambiental entre a veciñanza, é que isto fará que moitos viaxeiros se despracen ex-profeso a Nigrán para cargar o seu turismo en menos de media hora", sinala o alcalde, quen incide en que o goberno local aprobou no 2018 unha bonificación do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como '0 emisións'.

 

"Porto do Molle é un parque empresarial tecnolóxico no que, lóxicamente, se demandaba este servizo porque moitas empresas dispoñen deste tipo de vehículos, e Panxón é un punto céntrico que facilita moito a loxística ao usuario", sinala o rexedor, quen incide en que "se trata de promover entre a veciñanza a compra de vehículos sostibles; é un transporte moi silencioso e o 100% eléctrico non produce ningún tipo de emisións, é unha labor da administración promover o uso de enerxías limpas e facilitar o acceso a elas mediante este tipo de iniciativas", conclúe.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.