Martes, 30 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño adhírese ao Porxecto Horeca

O Concello de Salvaterra de Miño adhírese  ao Porxecto Horeca, un proxecto que ten un dobre obxectivo, por un lado divulgación e por outro a formación, mesturado co fomento da recollida selectiva municipal.

 

Esta actuación realízase con fondos compartidos entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, e nos que xa participan máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2500 bares e restaurantes, que están potenciando un crecemento importante no contenedor amarelo.

 

Nestes días estanse facendo en Salvaterra de Miño visitas aos establecementos para informar acerca do proxecto e promover a súa incorporación, captar establecementos que queiran sumarse a iniciativa de Ecoembes e incentivar a reciclaxe. 

 

Ademais nas visitas faise un recoñecemento do local, coa finalidade de definir os medios que necesitan para a reciclaxe (cubo, papeleira..). Entrégase información en materia de recollida selectiva a través de dípticos e guías de barras e entrega de chaqueta profesional e de distintivos de local como “Ecohostelero”.

 

Temos que recordar que o sector da hostelería e da restauración xogan un papel importante para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros no noso municipio. A súa colaboración e participación é fundamental á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, briks e envases de aceiro e aluminio). A implicación do sector nesta iniciativa é fundamental para que entre todos sigamos contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.