Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 04 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
OIA

A xunta destina 80.000 euros á recuperación ambiental dunha parcela en Oia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta semana as actuacións levadas a cabo no municipio no marco da colaboración co Goberno galego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou estas emana as actuacións levadas a cabo no concello de Oia, co que o Goberno galego asinou este ano un convenio para contribuír á recuperación ambiental duns terreos na parroquia de Mougás pola que discorre o Camiño Portugués da Costa. A Xunta investiu 80.000 euros nesta actuación co obxectivo de evitar a degradación da finca.

 

Rueda destacou a importancia de “dar unha nova vida” a este entorno, que ademais está ao carón dun itinerario -o Camiño Portugués da Costa- que está “collendo moitísimo empuxe” nos últimos anos.

 

Ademais, a Administración autonómica investiu este ano arredor de 30.000 euros na mellora dos roteiros da Valga, no marco dos acordos cos concellos galegos para embelecer as súas infraestruturas turísticas e consolidar a oferta turística no rural galego. Os convenios inclúen a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos; así como a creación e conservación de miradoiros, sendeiros e roteiros.

 

A Xunta aposta pola colaboración cos concellos no fomento da protección das rutas xacobeas de cara ao Xacobeo 2021 e así ofrecer aos visitantes a mellor imaxe de Galicia cun patrimonio natural, paisaxístico, cultural e histórico ben conservado. Neste sentido, Rueda recordou que son “tempos difíciles” para todos, tamén para o turismo, de aí a importancia de seguir traballando neste ámbito e en seguir potenciando a imaxe de Galicia como destino seguro.

 

Por outra banda, o Goberno galego destinou 40.000 anos este ano á construción de novos vestiarios no campo de fútbol municipal das Tornas, ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. Estas subvencións permiten aos municipios galegos mellorar as súas infraestruturas básicas e os seus servizos e a convocatoria deste ano conta cun orzamento de catro millóns de euros, o que supón un incremento dun millón de euros máis respecto ao ano anterior. O investimento da Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, no concello de Oia nos últimos anos a través de convenios e distintas liñas de axudas acada os 336.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.