Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:31:29 horas

Xornal21.es
Sábado, 03 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

“Parte de ti” unha campaña de apoio ao rural baseada nas historias do rural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural presentou hoxe no mercado de Tomiño a súa campaña de sensibilización “Parte de ti”

Esta semana presentouse no Mercado de Tomiño a campaña de sensibilización “Parte de ti”. Presentou o acto a alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR, Sandra González.

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio. 

 

Esta campaña parte do obxectivo do grupo de crear unha marca kilómetro cero para poñer en valor o produto local. Coa aparición do COVID e as súas consecuencias, percatáronse de que tiñan sectores que estaban sufrindo moito e iso levounos a preparar unha campaña de sensibilización que non se centre tanto no feito de mercar no comercio local, xa que este tema xa está a recibir un grande apoio polos concellos, senón que o apoio se dirixe aos produtores e produtoras transformadoras e comercializadoras do rural.

 

Desta forma nace “Parte de ti” unha campaña que trata de sensibilizar, concienciar e informar basándose nas historias das produtoras e produtores. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador. Poderanse visualizar estes vídeos na web http://partedeti.eurural.org e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) . Estas vías servirán tamén para lanzar unha convocatoria aos comerciantes que vendan produto do rural e queiran formar parte do GDR - que poderán lucir o distintivo “Parte de ti” na súa porta o u a través dun banner na súa plataforma de venda online - e aos produtores do rural que queiran unirse.

 

“A campaña Parte de ti é froito do traballo e a implicación de moitas desas persoas anónimas que temos no rural. Persoas emprendedoras, idealistas, comprometidas, soñadoras, loitadoras… ás que lle queremos por nome, coñecelas e escoitar as súas historias” en palabras de Sandra González.

 

Ademáis, a través das redes sociais de Eurural, realizarase varios sorteos de experiencias no noso territorio, para que as persoas gañadoras poidan sentir o rural de primeira man, descubrir os nosos produtos e coñecer aos nosos protagonistas.

 

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias dun dos produtores, José Manuel Fernández, de O Forno de Mosende, que ademáis interviu ofrecendo as súas verbas para poñerlle voz aos produtores e falar da situación do pan do Porriño.

 

“ Nós traballamos no rural e na cidade. Ás veces escoitas a clientes da cidade dicir como nos lembra este pan ao pan que comiamos no pobo, o que se facía con leña. Que tranquilidade e que vida tiñamos. Moitos deles vivirían no rural se tivesen oportunidade” en palabras de Jose Manuel Fernández.

 

Asistiron á presentación: Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Daniel Boullosa, concelleiro de Redondela; David Alonso Bargiela, concelleiro de O Porriño; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa de O Rosal; Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, Cristina Correa, Alcaldesa de Oia; Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona; Paco Ferreira, alcalde de Gondomar; Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.