GALICIA
As empresas en ERTE teñen ata o 19 de outubro para solicitar a súa pertenza á cadea de valor de actividades protexidas
A Xunta publica esta semana no DOG o modelo de solicitude de empresa dependente ou integrante da cadea de valor de actividades protexidas para a prórroga dos ERTE
O Diario Oficial de Galicia publica esta semana o modelo normalizado para que as empresas que se atopan nun Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE), con orixe na covid-19, e dependan das actividades protexidas polo último Real decreto lei do Goberno de medidas sociais en defensa do emprego, soliciten o seu recoñecemento como integrantes ou dependentes da súa cadea de valor. As entidades deben cursar a súa petición por medios electrónicos antes do 19 de outubro. De ser recoñecidas, poderán beneficiarse de exoneracións nas cotas do 85% -no caso de contar con menos de 50 traballadores- e de ata o 75% para as de maior tamaño.
Este modelo de solicitude xa está dispoñible para que as firmas con ERTE, que dependan das empresas que operen nalgún dos 42 sectores protexidos polas últimas medidas do Goberno -pola súa elevada taxa de cobertura e cunha reducida taxa de recuperación de actividade a causa da pandemia- poidan acreditar a súa vinculación ou integración na cadea de valor. Trátase de sectores que acusan con maior virulencia os efectos da covid-19, tales como o hostaleiro, turístico, editorial, transportes, espectáculos, artes gráficas, lavandaría ou recreativo, entre outros.
Corresponde á autoridade laboral galega constatar a vinculación das firmas coas actividades máis afectadas pola covid-19 como as hoteleiras, turísticas, de espectáculos, editoriais, recreativas ou de transportes
No caso de que se recoñeza a pertenza ou dependencia da cadea de valor, o que compete á autoridade laboral galega, estas empresas cun negocio dependente maioritariamente delas, poderán acceder ás exoneracións mensuais nas cotas dun 85% se contan con menos de 50 traballadores, ou do 75% se son de maior magnitude. As exencións, segundo as últimas medidas, aplícanse tanto aos empregados en ERTE como as que o abandonan.
Poden realizar a solicitude todas aquelas empresas con expedientes de regulación temporal de emprego a causa da pandemia, que estean prorrogados automaticamente ata o 31 de xaneiro de 2021.
A efectos da norma, considéranse integrantes da cadea valor ou dependentes indirectas delas, as firmas cuxa facturación en 2019 chegara nun 50% de operacións realizadas de forma directa con algunhas das actividades recoñecidas para as prórrogas dos ERTE ata xaneiro, así como aquelas cunha actividade real dependente de xeito indirecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217