Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 07 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Os servizos sociais municipais trasládanse ao Multiusos

Elimínanse ademais barreiras arquitectónicas e increméntase a comodidade para traballadores/as e usuarios/as nestas dependencias que xa están operativas desde esta semana

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaron esta mañá as dependencias do departamento municipal de servizos sociais, recentemente trasladado para o edificio Multiusos das Pozas, onde se atopa prestando servizo desde esta semana.


O motivo do cambio viu dado co obxectivo de optimizar o protocolo preventivo ante a COVID-19 tanto para traballadores/as como para usuarios/as, a eliminación de barreiras arquitectónicas, o incremento da confortabilidade e comodidade no desenvolvemento do traballo diario e a atención ao público, así como maior intimidade para os/as usuarios/as que acoden ao departamento.


A anterior ubicación da concellería de Política Social atopábase no edificio de Urbanismo, onde tamén está o CIM (Centro de Información á Muller de Mos), a escasos metros do Concello; infraestructura de dimensións moito máis reducidas que as actuais e de maior antigüidade.


Desde os servizos sociais do Concello de Mos infórmase de que mateñen o mesmo teléfono de contacto: 986 337 278, ao que os/as usuarios/as deben chamar para concertar cita previa. Actualmente traballan neste departamento municipal un total de 7 persoas: 4 traballadores/as sociais, 2 administrativos/as e 1 psicóloga.


As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron durante a súa visita matinal de hoxe “a enorme implicación da plantilla deste departamento municipal en xeral e desde sempre, pero en especial desde que se desatou a pandemia da COVID-19, momento desde o cal desenvolven un papel fundamental neste Concello, labor ao que se entregaron en corpo e alma e polo que lles estamos inmensamente agradecidas; por iso agora, con esta reubicación, preténdese facilitarlles o traballo na medida do posible e facerllo máis sinxelo e cómodo tanto a elas como aos seus usuarios/as”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.