Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 11 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda denuncia o incremento do 38% do IBI aos salcedenses

O Grupo Muncipal Popular alertou un ano atrás da solicitude da alcaldesa de incrementar o valor catastral un 3% para o ano 2020

Xustamente un ano atrás, “desde o Grupo Popular alertamos da intención por parte do bigoberno MS-PSOE de incrementar o IBI (Imposto Bens Inmobles), e hoxe, un ano despois comprobamos que é unha realidade, o valor catastral incrementou un 3% neste último ano porque así o solicitou a alcaldesa de Salceda” informan dende o grupo maioritario da Corporación.

 

Como xa ben sendo habitual, “os salcedenses recibimos os veráns con subida de impostos, xa que entre 2011 e 2019, os recibos do IBI (urbana) incrementáronse un 38%, SI! Un 38%! e no día de onte acabaron as domiciliacións de dito recibo, polo que todas e todos os salcedenses comprobaron que o aumento do IBI é unha realidade moi negativa nos fogares do noso Concello” afirmou o concelleiro popular Joaquín Núñez.

 

Unha vez máis, “desde o Grupo Popular recalcamos o que sinala o BOE, e é que entre os requisitos que se deben cumprir para que se faga efectivo o incremento do IBI é necesaria a solicitude previa por parte do Concello á Dirección Xeral do Catastro e, neste caso, a solicitude do incremento do 3% para este ano foi firmada pola alcaldesa Dolores Castiñeira o 24 de xullo de 2019, é dicir, a alcaldesa e, por tanto, o equipo de goberno formado por MS-PSOE solicitaron o incremento do 3% no recibo da urbana con respecto ó exercicio 2019” sentenciou o concelleiro Núñez.

 

É importante sinalar que, “os concelleiros populares levamos a pleno, e en varias ocasións, mocións que contemplaban a rebaixa do IBI para que este incremento non se reflexase nos recibos dos/as salcedeses/as, sin embargo, o bigoberno bipartito, e a súa alcaldesa como máxima responsable puxeron atracancos para que isto non se aprobase nos plenos, votando no último en contra” dixo o voceiro Santi Davila.

 

Sorprendentemente, algo que chama a atención a este grupo e aos salcedenses en xeral é que, “nos últimos mandatos despilfárrase cartos en publicidade, pérdense subvencións, continúan cos conflitos laborais, aumentan o coste salarial do goberno nun 36% entre 2018-2020, o cal custa 27€ por veciño/ano, cuxo custe total na actualidade é de 259.000€, e para financiar estes custos desorbitados teñen que subir o IBI, gobernando dun seito pouco riguroso, sensible, solidario e inxusto cas familias máis necesitadas” sentenciou Davila.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.