MOS
Mos tomará a temperatura a todos os asistentes aos actos sociais e culturais organizados polo Concello
Tamén se lle tomarán os datos como medida de control ante posibles contaxios
Esta mañá celebrouse semipresencialmente (algúns dos seus membros presentes no Salón de Sesións do Concello de Mos e outros por videoconferencia) a terceira Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos tras a reanudación destas reunións de seguemento e control o pasado 1 de setembro, que foran interrompidas despois da última Comisión de Seguemento levada a cabo o 17 de xuño e que era a 16ª.
Hoxe realizouse polo tanto a sesión número 19 da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos que continuará en diante coa súa celebración periódica quincenal, na que se analiza e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.
Así o decidiu hoxe a mosense Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19
A Comisión que hoxe se celebrou, foi presidida pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e durante a mesma, ademais de facer o habitual repaso de todas as medidas e protocolos municipais activos en materia de seguridade e prevención ante a COVID-19, acordouse que o Concello tomará a temperatura e anotará os asistentes a eventos sociais e culturais como medidas adicionais en actos con presenza significativa de público.
Ademais das medidas xa vixentes en Mos correspondentes á nova normalidade derivada da COVID-19, a Comisión de Seguemento da COVID-19 decidiu na súa reunión, celebrada na mañá de hoxe, e tal e como informaba ao seu remate a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, “poñer unha especial énfase no cumprimento das medidas sanitarias e do distanciamento nos eventos sociais e culturais que se volten a programar durante as fins de semana e outras datas concretas, para evitar que sexan focos de contaxio. Desta forma, ademais de medidas xa implantadas, como uso da máscara, limpeza de mans e distancia social, nos actos con presenza significativa de público recopilaremos os datos persoais dos presentes elaborando unha relación dos asistentes e tomándolles a temperatura, co fin de localizalos no caso de que se produza un contaxio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11