Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 10 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O concerto de Sés aprázase por positivo en COVID-19 da cantareira

A cantareira atópase en bo estado no seu domicilio e comprométese a contar cunha nova data no Rosal

O concerto de Sés previsto para este sábado 10 no Rosal debe ser aprazado após coñecer o positivo da cantareira en COVID-19. A artista atópase en bo estado e confinada no seu domicilio, e quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao público, ao que agradece a confianza no seu traballo. Sés lamenta non poder celebrar o espectáculo previsto para a Praza do Calvario, pero comprométese a atopar o antes posible unha data para poder levar adiante o concerto.


As entradas reservadas para este concerto terán validez para a nova data. En caso de non poder acudir deberán poñerse en contacto co Concello para darse de baixa e volver a poñer as entradas a disposición do público.


Cambio de sitio
Pola súa banda, por motivos técnicos a obra de teatro ‘Running polo camiño’ prevista para este domingo 11 ás 18.00 horas cambia de ubicación. O espectáculo trasládase ao auditorio municipal. Poderá accederse ao recinto a partir das 17.00 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.