VIGO
As Travesas acolle o World Padel Tour entre o 15 e o 22 de novembro
Unha vez que o estado de alarma obrigara a suspender o Word Padel Tour o pasado mes de marzo, esta competición deportiva chegará finalmente á nosa cidade entre o 15 e o 22 de novembro. Trescentos deportistas -o 40% son mulleres – daranse cita no pavillón das Travesas nunha edición que non poderá contar con público dada a situación sanitaria
Abel Caballero deu conta esta semana da modificación do convenio coa Deputación para organizar en Vigo en novembro o Vigo Open 2020- World Padel Tour, un evento previsto para o mes de marzo e que tivo que ser aprazado pola pandemia. Finalmente, a competición desenvolverase no Pavillón de As Travesas entre o 15 e o 22 do mes que vén, coa participación de 300 deportistas, dos que o 40% son mulleres.
Vigo volverá ser o epicentro do padel, con accións de comunicación e difusión que permitirán gozar deste deporte aínda que as circunstancias sanitarias no permitan a presenza de público nas gradas. Os partidos máis importantes serán retransmitidos en Gol TV y e todos poderán seguirse a través de internet. Na edición do ano pasado, o canal de Youtube, con máis de 266.000 espectadores, superou en suscritores a outras competicións de ámbito internacional.
O padel é unha modalidade deportiva con 5 millóns de practicantes en España (é o segundo deporte colectivo con máis adeptos en España, despois do fútbol) e con 624.000 seguidores en redes sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49