Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas convértese nunha “xincana” para vehículos de emerxencias e persoas

Os populares solicitarán ao goberno local un plan de seguridade, con protocolos concretos e un plan de evacuación, ante o incremento de rúas peonís ou de sentido único

O Grupo Municipal do PP lamenta que o municipio pareza unha auténtica proba de obstáculos para persoas con mobilidade reducida, transporte e vehículos de emerxencia.  

 

Os populares informan que esta mesma semana solicitarán ao bipartito o Plan de Seguridade e Movilidad onde se establecen protocolos de actuación que garantan unha rápida evacuación en casos de emerxencia, xa que todas as peonalizacións, peche de prazas, novos sentidos do tráfico, estreitamento das rúas por onde circulan os coches, e outros aspectos que derivan da peonalización dos viais, deben garantir que os veciños poidan ser evacuados en caso de accidente, enfermidade, incendio, ou calquera outra circunstancia que se produza con urxencia.  

 

 

 

 

“Esta mesma semana comprobamos como unha ambulancia tiña que facer múltiples manobras para circular por un vial recentemente humanizado”

 

 

 

 

“Non se pode humanizar todas as rúas se imos empeorar a calidade de vida dos nosos veciños. As ambulancias e coches de Policía teñen dificultades para circular por algúns viais. Ademais, a falta de planificación na execución das obras, que se están realizando case todas ao mesmo tempo, fan que moitas veces o centro de Ponteareas colápsese e non haxa posibilidade de paso·”.  

 

Os populares tamén esixen ao bipartito que as rúas en obras dispoñan de pasos provisionais para persoas con mobilidade reducida. “Non podemos obstaculizar durante meses o día a día destas persoas. A administración local ten que favorecer a nosa calidade de vida, non empeorala”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.