DEPORTES
Xunta e UFEDEGA continúan traballando en prol da reactivación do deporte galego
A reunión serviu como previa da convocatoria do Foro de Reactivación do Deporte Galego que terá lugar hoxe de xeito telemático
A Secretaría Xeral para o Deporte e a Unión de Federacións Deportivas de Galicia (UFEDEGA) veñen de manter un encontro de traballo para continuar colaborando en prol da reactivación do deporte galego.
Neste sentido, os puntos abordados na xuntanza foron o estado do deporte nacional non profesional e, sobre todo, a revisión dos protocolos que establecen as medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, de cara ás vindeiras xornadas das ligas. Cómpre salientar que a reunión tamén serviu como previa da convocatoria do Foro de Reactivación do Deporte Galego que terá lugar mañá de xeito telemático.
Do mesmo xeito, os representantes de ambas institucións comezaron a despexar as primeiras dúbidas de cara a sinatura dos convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as 58 federacións deportivas de Galicia e exploraron novas vías de colaboración entre UFEDEGA e Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40