Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello, a Comunidade de Montes e a AVCD “O Castro” de Chandebrito recoñecen a colaboración da Xunta tras os lumes de 2017

O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes e a AVCD “O Castro” de Chandebrito quixeron onte recoñecer a labor da Xunta de Galicia tras a vaga de lumes de 2017 coincidindo cos actos de celebración do terceiro aniversario daquel 15 de outubro.

 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recolleu na noite deste sábado, nun acto organizado na Igrexa de San Xosé de Chandebrito, o agasallo que acredita a implicación do Executivo autonómico na recuperación da zona así como nas medidas adoptadas e executadas para previr futuros lumes.

 

Neste senso, o presidente da Comunidade de Montes de Chandebrito, Víctor Vidal, puxo en valor, entre outras actuacións, as obras realizadas na contorna do castro, ás que a Consellería de Medio Rural destinou 64.432,46 euros co obxectivo de protexer este xacemento e preservar as edificacións da zona de posibles desprendementos.

 

Asemade, no marco da política forestal de mellora da prevención contra os lumes deseñada polo Executivo autonómico, Vidal recordou que se construíron dos novos depósitos de auga de alta capacidade para medios aéreos na parroquia de Chandebrito. Obras todas elas polas que Fernández-Tapias agradeceu o recoñecemento que recolleu de mans do alcalde da localidade nigranesa, Juan González. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.