Jueves, 12 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Zona Franca apoia a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido

Tras a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, na procura de poder sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido, que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 m2 dun total de 1.230.115 m2 de actuación o Concello conseguirá ademais 12.475m2 para equipamentos públicos, así como o 10% da edificabilidade en chan industrial.

 

Hai que lembrar que as empresas alí instaladas teñen as súas naves en chan rústico, o cal lles impide ampliar ou reformar as mesmas. Ademais, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables do Ministerio de Medio Ambiente inclúe boa parte da área empresarial actual, problemas que se solucionarán coa aprobación da modificación. Por outra banda abriríase a posibilidade de que se instalasen alí novas empresas, coa consecuente creación de emprego que beneficiaría a Salceda e arredores.

 

En canto aos veciños e veciñas da zona do Cerquido, esta modificación garántelles a protección urbanística do núcleo de vivendas xa existente, deixando o núcleo perfectamente delimitado.

 

David Regades púxose a disposición do equipo de goberno para poder sacar adiante o proxecto e abriu una vía de comunicación entre os equipos técnicos de ámbalas dúas institucións.

 

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, agradeceu a boa disposición de Zona Franca e do seu delegado, lembrando a enorme importancia que esta modificación ten para o Concello de Salceda, e a oportunidade única de ordear a principal zona industrial de Salceda.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.