CORONAVIRUS | Nigrán
Alerta vermella en Nigrán pola Covid
O Concello suspende as actividades programadas no auditorio municipal e apraza o inicio dos obradoiros de maiores
O Concello de Nigrán cancela as actividades programadas no Auditorio Municipal e de voluntariado nas dunas de Panxón e apraza o inicio dos obradoiros para maiores mentres dure o estado de alerta vermella por Covid-19 no municipio. O goberno local, tal e como fixo suspendendo a gala dos Premios Nigrán este sábado 17 de outubro, toma esta decisión por responsabilidade ante o aumento do número de contaxios. Deste xeito, aprázase ata novo aviso a sesión de cineclub do xoves e o concerto de Xardín Desordenado do sábado en homenaxe a Carvalho Calero, ambos no Auditorio, e igualmente, adíase o teatro do xoves en IES Proval e a actividade de voluntariado do GALP na contorna das dunas de Panxón, finalmente, retrásase o inicio dos obradoiros de memoria para maiores no Centro da Terceira Idade e as probas do circuito galego de Surf en Patos aprázanse, mínimo, ata o día 24 de outubro. Todo será reprogramado unha vez que a situación sanitaria mellore.
“Só sabemos que desde hoxe estamos en alerta vermella, o que quere dicir que se detectaron máis de 21 casos positivos nunha semana, pero non temos cifras concretas nin áreas. O importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, tal e como a veciñanza ven facendo con exemplaridade desde o inicio da pandemia. Como repetimos desde marzo: paciencia, cariño e calma”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.
Desde o Consistorio faise un chamamento ao cumprimento estrito de todas as indicacións das autoridades sanitarias, facendo fincapé nas últimas restricións da Xunta de non congregarse máis de dez persoas. “Desde o Concello cumprimos escrupulosamente con este mandato nas actividades que organizamos pero coidamos que, con alerta vermella, é convinte suspendelas”, reflexiona González.
Un edil contaxiado
O Concello de Nigrán realiza mediante a súa mutua cribados periódicos voluntarios do seu persoal, o derradeiro deles a semana pasada a dez persoas que estiveron en contacto cun edil contaxiado (todos eles tiveron un resultado negativo). “Tivemos un caso a semana pasada e nos mesmos nos encargamos de rastrexar os contactos no Concello e de efectuar os tests”, engade González, quen subliña que os profesores de actividades municipais tamén se somentes a tests.
Baremos dos distintos niveis de incidencia segundo a poboación
Concellos de menos de < 50.000 habitantes:
Nivel VERDE (0): menos de 7 casos novos á semana.
Nivel AMARELO (1): entre 7 e 13 casos novos á semana.
Nivel LARANXA (2): entre 14 e 20 casos novos á semana.
Nivel VERMELLO (3): 21 ou máis casos máis casos novos á semana.
Concellos de máis de > 50.000 habitantes:
Nivel VERDE (0): menos de 28 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
Nivel AMARELO (1): entre 28 e 55 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
Nivel LARANXA (2): entre 56 e 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes.
Nivel VERMELLO (3): 112 ou máis casos novos á semana por 100.000 habitantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149