Mos
Andrea Pousa e Antonio Barros poñen voz a Banda de Música Xuvenil de Torroso
Hoxe celebrouse o primeiro da serie de concertos, Cantando á Nosa Terra, organizados pola Banda de Torroso coa axuda autonómica de Política Lingüística
Hoxe pola tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos o primeiro concerto da serie Cantando á Nosa Terra, subvencionada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e organizada pola Banda de Música Xuvenil de Torroso, que nesta ocasión actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e Antonio Barros interpretando, entre outros coñecidos temas da música galega, os famosos ‘Negra Sombra’, ‘Semente dun Home Sabio’ ou ‘Lela’.
![[Img #65384]](https://xornal21.com/upload/images/10_2020/9420_andrea-pousa-e-antonio-barros-e-a-banda-de-musica-xuvenil-de-torroso.jpg)
O evento contou coa colaboración do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, a Fundación Pazo de Mos e o Concello de Mos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu e este concerto inaugural xunto co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro.
O Secretario Xeral Valentín García declaraba na súa intervención ao inicio do acto que “con este concerto iníciase en Mos a programación do Xacobeo 2021”, o que supón unha gran honra e orgullo para o Concello e a súa veciñanza.
Ademais dos artistas que onte acompañaron á Banda de Música Xuvenil de Torroso, a Banda contará coa colaboración nesta serie de concertos, das Pandereteiras Sobreira de Torroso.
![[Img #65381]](https://xornal21.com/upload/images/10_2020/9561_andrea-pousa-e-antonio-barros-coa-banda-de-musica-xuvenil-de-torroso.jpg)
Todos os concertos desta serie están enmarcados no programa Xacobeo 2021, e este primeiro espectáculo desenvolveuse no espectacular enclave do Pazo de Mos.
![[Img #65383]](https://xornal21.com/upload/images/10_2020/9686_andrea-pousa-e-antonio-barros-ponen-voz-a-banda-musica-xuvenil-de-torroso.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11