SOLIDARIOS
A Xunta e Cogami colaboran en materia de emprego inclusivo e en condicións de igualdade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo estas emana unha xuntanza con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, no que ambas as dúas institucións acadaron o compromiso de reforzar a súa colaboración nun momento de especial dificultade para que as persoas con discapacidade accedan ao mercado laboral.
Incidir no emprego inclusivo e en condicións de igualdade son as dúas ideas que, a criterio da conselleira, deben marcar a colaboración futura con Cogami. Apoiar a plena inclusión destas persoas é unha prioridade nas actuacións do Goberno galego, removendo os obstáculos que dificulten acadala.
A Administración autonómica apoia desde hai unha década o mantemento do custo salarial nos centros especiais de emprego
A xuntanza, enmarcada na rolda de contactos que a conselleira mantén coas principais entidades do terceiro sector de Galicia, permitiu afianzar o compromiso que a Xunta mantén con Cogami desde hai anos. Na última década destináronse máis de 20 millóns de euros a axudar ao mantemento do custo salarial dos centros especiais de emprego, que, a xuízo da conselleira, son pedra angular da economía social.
Lorenzana enxalzou a actividade que desenvolve Cogami, confederación coa que a Consellería mantén diferentes programas de actuación nas áreas de inclusión e formación para o emprego, entre as que se inclúen apoios a entidades de iniciativa social ou a actividades para o empoderamento das mulleres con discapacidade; ao tempo que se promove a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.
A este respecto, a conselleira reiterou o compromiso da Xunta para ir avanzando cara a unha sociedade na que ter capacidades diferentes non implique ter menos oportunidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136