SALCEDA DE CASELAS
O PP critica a aprobación dos orzamentos 2020 "sin ter en conta a educación e servizos sociais"
O PP de Salceda vota en contra duns orzamentos que non teñen en conta a actual situación de pandemia e que rebaixan partidas imprescindibles
O pasado xoves aprobánronse definitivamente no pleno extraordinario os orzamentos do ano 2020 cos votos a favor de Movemento Salceda e PSOE e o voto en contra do PP de Salceda. Xa o explicaron no seu momento no pleno ordinario de agosto e o volveron a facer neste último pleno, e este voto en contra débese a que din, “os orzamentos que presentaron desde o bigoberno MS-PSOE NON teñen en conta a actual situación de pandemia que estamos a vivir, cuxas necesidades mudaron, e nas que é impresicindible invertir máis en partidas de servizos sociais para axudar ós veciños que teñan necesidades. Estes orzamentos fomentan desigualdade, incoherencia e descoñecemento do que estamos a vivir, porque vemos como continúan destinando moito diñeiro a partidas como publicidade, propaganda e protocolo, en vez de invertilo en partidas de suma importancia como educación e/ou servizos sociais” sentenciou Joaquin Núñez, Concelleiro do Grupo Popular.
Según manifestan, o seu grupo ven actuando de forma coherente, “desde o grupo propular de Salceda fixemos unha reclamación a estes orzamentos na que plantexamos 4 puntos para minorar gastos innecesarios. En primeiro lugar, minorar 20.000€ os gastos xurídicos, os cales derivan de conflictos cós traballadores. En segundo lugar, minorar a partida de publicidade, propaganda e protocolo en 43.000€. Esta partida ten un presuposto de 95.000€ e coa reducción que plantexamos quedaría en 52.000€. En terceiro lugar, propuxemos unha reducción de 40.000€ na partida de festexos, xa que, na actual situación na que nos encontramos, derivada da COVID-19 non se celebraron festas como O Cristo ou a tradicional Festa dos Callos, polo que consideramos que teñen unha partida moi elevada tendo en conta que non se puideron, nin poden neste momento, celebrar festas. En cuarto e úlitmo lugar propuxemos rebaixar un 35% o coste do goberno, é dicir, 90.000€, pasando dos 259.000€ destinados actualmente a 169.000€, e aínda así, con esta rebaixa, o coste do goberno salcedense sería maior cós concellos limítrofes, supoñendo 18€/hab” sinalou Joaquin Núñez.
Según indican o sconcelleir@s populares, unha das críticas a estes orzamentos son as partidas de educación e de servizos sociais, posto que “o bigoberno presenta uns orzamentos que destinan a área de educación, concretamente á partida de limpeza/aseos a mesma cantidade neste 2020 que no ano 2019, cando as necesidades son completamente distintas e a limpeza dos centros educativos é unha competencia municipal, ao igual que na área de servizos sociais, á partida do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) lle destinan a mesma cantidade neste 2020 que no ano 2019. Ademáis, entre as facturas pendentes de pago do ano 2019 que ascenden a 270.500€, a cantidade dispoñible de gasto é tan só de 129.500€, que cubriría o servizo dos primeiros catro meses deste ano, polo que de maio a decembro de 2020, quen lle paga a empresa que presta o servizo?” sinalou Joaquin Núñez.
O mesmo acontece coas subvencións ás asociación, como todos os anos “as asociación de Salceda reciben unha subvención co mesmo importe sin ter en conta as súas necesidades, e independientemente do que realicen, do número de socios…” sentenciou Santiago Rodríguez Davila, voceiro popular.
E para finalizar, manifestan que “en canto ós anexos de inversións, nestes orzamentos non presentan un proxecto concreto, simplemente uns anexos con valor de 313.800€, é dicir, que os proxectos a levar a cabo daranse a golpe de ocurrencia. Ademais, dese total minoran do Plan Económico Financieiro 125.000€ (aprobado en maio), hai que restar 42.500€ do 2º REC e 49.900€ destinados ao 1º REX, é dicir, o anexo de inversión contará con 105.000€ para novas obras nestes orzamento de 2020, ano que está a piques de rematar e, como sinalamos, non presentan ningún proxecto concreto” trasladan os seis concelleiros do Grupo Municipal Popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218