GALICIA
Increméntanse as medidas e os recursos para atender ás vítimas da violencia de xénero
A Xunta de Galicia ven de impulsar un Plan con varias medidas de reforzo para o apoio ás mulleres vítimas de violencia machista, dado que a situación de confinamento domiciliario provocada polo coronavirus podería xerar un aumento dos conflitos por perfís violentos. Tratouse de que as medidas habilitadas mitigasen estas situacións pese o illamento, e que as mulleres se sentisen acompañadas e protexidas en todo momento.
O Plan estableceu diferentes medidas ao tempo que incrementou o número de recursos dispoñibles para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Asesoramento e apoio
En primeiro lugar, mantivéronse operativos, con total normalidade, varios servizos básicos na loita contra a violencia de xénero, tales coma o teléfono de atención da Xunta de Galicia 900 400 273 a súa disposición todos os días as 24 horas do día; asesoramento xurídico online; apoio psicolóxico que inclúe terapias, ben en atención presencial ou a través de sesións telemáticas; apoio psicolóxico específico para vítimas de violencia sexual; quenda de garda psicolóxica permanente para apoio nos momentos iniciais de presentación de denuncia ou apoio en sede xudicial; seguimento das víctimas dende Punto de Coordinación das Ordes de Protección; apoio psicolóxico e social nas Oficinas de Atención ás Vítimas en sede xudicial; servizos de carácter administrativo está operativo online, por teléfono e por correo electrónico, e todas as axudas económicas.
Tamén se mantivo operativo o Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero e o Centro de Emerxencia de Vigo.
Centros de acollida
Por outra banda, a administración autonómica reforzou a rede de centros de acollida, abrindo un novo recurso de acollida. Tanto os Centros de titularidade municipal como os das ONG e entidades sociais estiveron abertos para acoller a mulleres que tivesen a necesidade de acudir a eles.
Para lograr cubrir a maior demanda durante o período de alarma, tamén se activaron recursos alternativos: albergues, hostais e pensións. Nestes casos constituíronse grupos de intervención e apoio psicolóxico, social e de asesoramento xurídico, con persoal especializado.
Nas casas de acollida aloxáronse sucesiva e temporalmente 142 persoas
Doutra banda foi proporcionado un Servizo de traslado de vítimas a centros de acollida, posible grazas a colaboración con Fegataxi, ademáis ampliouse a outro tipo de traslados inescusables que necesiten estas mulleres.
Bono de aluguer social
Ademais, para mitigar o impacto económico que o estado de alarma tivo sobre as vítimas, a Xunta de Galicia ampliaba o Bono de aluguer social que a administración galega ten ao dispor das vítimas de violencia de xénero, asumindo o pago do 100% do aluguer.
E, por último, coa intención de que a información acerca de todas estas medidas chegase ás súas destinatarias, lanzouse unha ampla campaña institucional presente en diversos medios de comunicación.
Actuacións
No actual momento de crise sanitaria e socioeconómica, os recursos e servizos ao dispor das vítimas da violencia machista están a ser máis necesarios que nunca.
Deste xeito a Xunta incrementou nun 27,5% as axudas económicas, que beneficiaron a 505 mulleres vítimas de violencia de xénero, 109 máis que no mesmo período do ano anterior.
O teléfono de Información á Muller recibiu no primeiros seis meses do ano 1.842 consultas, 477 máis que no mesmo período de 2019, cun incremento do 35%.
Tamén os 82 Centros de Información á Muller que hai en Galicia incrementaron o número de consultas, atendendo 5.465, que supoñen un incremento de 779 máis que no mesmo período anterior.
Os 82 Centros de Información á Muller que hai en Galicia, atenderon 5.465 consultas
Nas casas de acollida rexistrouse un leve descenso de usuarias, aloxáronse sucesiva e temporalmente 142 persoas: 78 mulleres e 64 menores, un 13,4% menos que no mesmo período do ano pasado.
Doutra banda o programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas dá violencia de xénero, aos seus fillos/as e persoas dependentes ao seu cargo atendeu a 624 persoas no primeiro semestre.
Ampliación do orzamento
Co obxectivo de mellorar as condicións laborais das mulleres vítimas da violencia machista a Xunta incrementaba o seu orzamento en 485.000 € para unha orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero destinadas aos concellos. Esta ampliación eleva a máis de 1,8 millóns de euros os fondos para desenvolver en Galicia as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Tamén veñen de ampliarse as axudas do programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino, cun incremento de 343.368 euros, de xeito que o investimento total supera os 2,1 millóns de euros.
Por último o orzamento destinado as axudas de pago único para atención das vítimas de violencia de xénero incrementouse en 600.000 €, esta segunda ampliación das subvencións elevan o investimento total a 1,8 millóns de euros.
Tal e como era previsible, neste contexto de crise sanitaria e socioeconómica motivada pola COVID-19, os recursos e servizos ao dispor das vítimas da violencia machista están a ser un pilar fundamental para a loita contra a violencia machista.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108