Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos logra que a xustiza ratifique a "ilegalidade" do criterio de empadroamento da PASS Vigo

"Por un tema exclusivamente formal o TSXG desestima o recurso da administración local, que houbese progresado de ter sido presentado directamente pola veciñanza mosense afectada" sinalan dende o Concello

O TSXG ven de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Mos ante a pretensión de Vigo de aplicar tarifas discriminatorias no transporte público urbano en función do empadroamento a través da tarxeta Pass Vigo. Faino por un criterio exclusivamente formal, pero dándolle a razón a Mos respecto da ilegalidade da discriminación por empadroamento e advertindo de que o Concello de Vigo non pode beneficiar nin perxudicar a cidadáns en función da súa residencia á hora de aplicar tarifas no transporte, polo que deberá continuar a concederlle as vantaxes da Pass Vigo a calquera viaxeiro, sexa cal sexa o seu municipio de residencia.


É por elo que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, congratúlase deste logro do seu Concello, cuxo principal obxectivo é “defender os intereses dos seus veciños”, declarou, explicando que “aínda que o recurso estea desestimado, o importante é que nos dan a razón no fondo, e recoñecen a ilegalidade do que pretendía facer o señor Caballero”.


“Vivo esta sentencia como un éxito”, expresou a rexedora local mosense, “porque fomos ata o final na defesa da veciñanza mosense e finalmente déronnos a razón, así que a desestimación do recurso por un fallo de forma é o de menos, xa que ao recoñecer a ilegalidade do que denunciábamos, o efecto final da sentencia vai ser o mesmo que pretendíamos desde o Concello de Mos”.


A xuíza do TSXG expón literalmente na súa sentencia que o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense “non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación”. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.


Sen embargo a letrada deixa moi claro que non comparte “o acordo de 17/01/14 polo que se dictaba que non se discriminaba de forma negativa aos viaxeiros que non estaban empadroados no municipio de Vigo” e establece a esixencia de que a utilización do transporte de viaxeiros “non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega)”, polo que rechaza “calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan”. E insiste en que “non pode compartir esta sala o matiz que introduciu o xulgador de instancia negando a discriminación ante o feito de que os veciños de Mos paguen a tarifa ordinaria”, apuntando que “supón un trato desfavorecido e discriminado” e destacando a “improcedencia das vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”. Por último aclara e establece que ademais “é a concesionaria a que debe soportar a operación sen que as arcas municipais do Concello de Vigo deban realizar aportación algunha” polo que o argumento do alcalde vigués, Abel Caballero, de que a reducción de tarifas para os veciños de fóra de Vigo gravaría aos vigueses, é mentira.


“En definitiva e o máis importante que se deriva desta sentencia”, concluíu Arévalo, “é que o alcalde de Vigo non poderá retomar a taxa discriminatoria para os usuarios de fóra da cidade como pretendía”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.