Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 24 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG critica a negativa so PP "a debater os temas que afectan á xente de Mos"

"A equipa de goberno rexeitou unha moción do BNG sobre a situación de Maderas Iglesias e outra relativa á asistencia sanitaria" sinalan s nacionalistas

"O goberno municipal de Mos non quere debater no pleno sobre temas incómodos. Así o volveu constatar o BNG, que viu como o PP rexeitou dúas das tres mocións que presentou para levar á sesión do 26 de outubro: unha para solicitar a continuidade de Maderas Iglesias e amosar o apoio do concello ao persoal da empresa e outra para reclamar unha mellora substancial na atención primaria e hospitalaria con máis recursos e persoal. A única proposta admitida foi a de reclamarlle á Real Academia Galega que Ricardo Carvalho Calero volva ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2021".

 

O portavoz nacionalista no concello, Gustavo Barcia considera que" os argumentos do PP para negarse a debater sobre os temas que máis afectan á veciñanza non son admisibles”. Dende a equipa de goberno afirman que xa están a facer todo o que se pedía na moción sobre Maderas Iglesias, pero  vendo a situación crítica na que se atopan a día de hoxe 140 traballadoras e traballadores, dos cales máis de vinte son de Mos, resulta evidente que non se está a facer nada”. O que pedía o BNG era que a corporación municipal instara á Xunta a reunirse coas diferentes partes implicadas para buscar unha solución.

 

 

 

 

O concelleiro nacionalista, Gustavo Barcia, cre que a alcaldesa “volve demostrar a súa falta de sensibilidade cos problemas reais da veciñanza”

 

 

 

 

A outra moción, relativa á sanidade, foi despachada co argumento de que “ese tema non é competencia do concello”, pero o portavoz do BNG lembra que “o que di o regulamento do pleno é que as mocións a debate deben ser de interese municipal”. Segundo Barcia, “para o PP a situación do Centro de Saúde de Mos, que dá servizo a máis de 15.000 persoas e está desbordado por mor da pandemia, non debe de ter suficiente interese para ser debatida pola corporación”. Esta é, para o concelleiro, “unha nova demostración da actitude autoritaria e absolutamente insensible da alcaldesa de Mos con respecto aos problemas reais da veciñanza”. 

 

O BNG ten a intención de presentar novamente as mocións por urxencia no pleno, “coa esperanza de que o PP non repita o erro e recoñeza que estamos ante unhas cuestións urxentes e de verdadeiro interese para a xente de Mos”. Barcia anuncia que vai “seguir loitando” para que as necesidades da cidadanía sexan debidamente atendidas e se busquen solucións aos seus problemas, “independentemente de que isto dependa do Concello, da Deputación, da Xunta ou do Goberno do Estado”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.