Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 24 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación súmase este sábado ao Día internacional contra o Cambio Climático

Carmela Silva: “A xuventude xoga un papel fundamental e sabemos que con compromiso político e recursos adecuados ten todo o potencial para transformar o mundo”

“Para a Deputación de Pontevedra todo o que ten que ver co Medio Ambiente, cos cambios de hábitos e de vidas que respecten a natureza é un obxectivo prioritario”. Con estas palabras, a presidenta Carmela Silva anunciou que a institución provincial celebrará este sábado o Día internacional contra o Cambio Climático co lanzamento do primeiro concurso “Reacción polo clima”, dirixido á mocidade da provincia e que premiará os mellores traballos audiovisuais centrados na loita contra o cambio climático.

 

“A xuventude xoga un papel fundamental no cambio de hábitos e formas de vida e estamos seguras e seguros que con compromiso político e recursos adecuados ten todo o potencial para transformar o mundo”, enxalzou a presidenta da Deputación. O concurso provincial, cuxas bases xa están publicadas no BOPPO, busca premiar os mellores vídeos centrados na loita contra o cambio climático, potenciando o talento, empoderando á xuventude e visibilizando as súas reinvidicacións. Amais, tal e como explicou Carmela Silva, os traballos serán inéditos, dun máximo de 5 minutos, en formato audiovisual e admitirase calquera tipoloxía empregada nas redes sociais ou medios de natureza similar como Instagram, TikTok ou YouTube.

 

 

 

 

A institución redobra o seu compromiso co medio ambiente e aproba as accións en centros escolares ao abeiro dos convenios asinados con FEGAMA e ASEFOGA

 

 

 

 

En canto aos premios, poderán optar a eles mozas e mozos de entre 16 e 30 anos empadroadas/os na provincia, e tamén entidades nas que ao menos o 50% das persoas que integran a súa xunta directiva teñan entre 16 e 30 anos. Deste xeito, haberá un primeiro premio valorado en 1.000 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros. As persoas interesadas en presentar a solicitude e os proxectos terán 15 días hábiles a partir do luns.

 

Convenios FEGAMA e ASEFOGA
Amais, o Goberno da Deputación vén de aprobar as accións que se levarán a cabo ao abeiro dos convenios asinados coa Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e coa Asociación Forestal Galega (ASEFOGA), dous programas divulgativos en centros escolares da provincia que comezarán en novembro.

 

En concreto, co convenio con FEGAMA, cun importe de 37.600 euros, poñerase en marcha un programa sobre o cambio climático para concienciar e sensibilizar ás nenas e nenos para que asumen un papel máis activo con pequenas accións cotiáns. Deste xeito, levarase a cabo un obradoiro didáctico con 25 visitas a centros escolares con metodoloxías baseadas en xogos participativos e dinámicas de grupo, e trípticos e folletos informativos. Amais, o proxecto contempla tamén o concurso “Como ves ti o cambio climático”, para alumnado de 5º e 6º de primaria, con dúas modalidades: debuxo e relato.

 

No caso de ASEFOGA, o convenio, valorado en 38.000 euros, permitirá a posta en marcha dun programa sobre o bosque na provincia para concienciar ao alumnado sobre os beneficios da conservación destes espazos. As accións inclúen a realización de máis de 14 obradoiros divulgativos en escolas ou campamentos, vídeos divulgativos sobre o ciclo da madeira, unha exposición itinerante cedida temporalmente aos espazos educativos con paneis fotográficos sobre os bosques, e tamén un agasallo promocional dun produto forestal con certificación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.