Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP denuncia unha nova subida de impostos no Porriño

Os populares opóñense á actualización promovida polo bipartito que incrementará notablemente as cuotas a pagar polos veciñas e veciños do Porriño

O Partido Popular do Porriño mostrou esta semana a súa total oposición á nova subida de impostos que promove o Goberno Municipal do Porriño, unha actualización que producirá un incremento considerable dos recibos do IBI e no imposto sobre construccións, instalacións e obras.  

 

A actualización dos valores catastrais afectará, principalmente, ás vivendas no termo municipal e supoñerá un significativo aumento da taxa anual a abonar. Xa no anos anos 2017 e 2018 O Porriño incrementou os valores catastrais nun 8% cada ano , o máximo aumento de toda Galicia.

 

Así, o Concello do Porriño será o único da provincia en subir o IBI en tres dos últimos catro anos á máxima porcentaxe. Un cidadán que pagaba no ano 2016 no Porriño 200 euros de cuota, pasará a pagar no 2021 306,18 euros. Unhas cantidades que se viron incrementadas no municipio ano tras ano dende entón.

 

Cabe destacar que, como en anos anteriores,  este incremento foi solicitado directamente pola Alcaldía, ao Catastro do Ministerio de Facenda e tamén se solicitou a través da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra.

 

Ademais, o bipartito leva tamén a pleno a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras subindo o gravame do 2,2% vixente ao 2,7%.

 

"Nun momento como o que vivimos, no que a crise económica derivada da pandemia está a afectar gravemente aos veciños, o último que se debe plantexar un gobernante responsable é aumentar a presión fiscal sobre a veciñanza e cargar sobre eles os custes", manifesta Alejandro Lorenzo, "Estamos ante un novo atropelo á cidadanía que ten como único obxectivo recadar fondos e cun único beneficiario, o Concello, que aumentará os seus ingresos considerablemente á conta do peto dos veciños e veciñas do Porriño".

 

Os populares defenden que unha das primeiras medidas a adoptar na situación actual sería a baixada de impostos e taxas, tal e como propuxeron o pasado mes de marzo sen obter resposta do Goberno Municipal. "O Concello do Porriño non precista mayores ingresos, o que precisa é unha racionalización do gasto cando ano tras ano incumple todos criterios legais, a Regla de Gasto, o Periodo Medio de Pago a Provedores...incluso os seus propios Plans Económicos Financieiros", conclúe Lorenzo, "O bipartito non pode pretender que sexan os veciños quen pague o seu gasto sen control e irregular".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.