Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 27 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

A Xunta intervén a residencia de maiores de Salvaterra de Miño con 110 positivos

Hai 110 positivos por coronavirus neste centro (84 residentes e 26 profesionais)

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia xeriátrica Salvaterra, situada no municipio de Salvaterra de Miño, co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

 

Un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde está xa desprazado no centro e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes, así como de vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.
 
 
A medida de intervir a Residencia adóptase despois de que nas últimas xornadas se contabilizaran novos contaxios, o que sitúa o número total de casos positivos por coronavirus neste centro en 84 residentes e 26 profesionais.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.