Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Ezequiel Ramos premio ao mellor deseño da mascarilla oficial de LA VUELTA 20

Ezequiel coa mascarilla gañadora e o grupo de 16 participantes no concurso lucindo cadansúa mascarilla concursante.Ezequiel coa mascarilla gañadora e o grupo de 16 participantes no concurso lucindo cadansúa mascarilla concursante.

O deseño é autoría de Ezequiel Ramos Prino, alumno do Bacharelato de Artes do IES de Mos e gañador do concurso convocado polo Concello

A clase de 2º curso de Bacharelato de Artes do IES de Mos recibiu esta mañá os seus exemplares da mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que sairá do Pazo de Mos o 5 de novembro.


A mascarilla oficial é o deseño de Ezequiel Ramos Prino, alumno gañador do concurso.


Ademais o Concello agasalla ao Instituto con material de papelería para deseño gráfico para os 26 alumnos/as da clase, para os 16 participantes no concurso a súa mascarilla xa producida e serigrafiada en tea e para os 10 restantes un exemplar da mascarilla gañadora tamén serigrafiada. Estas mascarillas son financiadas por La Vuelta.

 

[Img #65554]


Nidia Arévalo, e da concelleira de Educación, Julia Loureiro, tras ter observado os 16 deseños participantes, quedaron “asombradas, marabilladas e moi satisfeitas ante o resultado de todos e cada un deles” polo que felicitan tanto aos autores como ao profesorado. Así mesmo agradecénlles enormemente a participación.


Os alumnos/as que participaron no concurso para elixir a mascarilla oficial da saída dunha etapa de La Vuelta 20 desde Mos o vindeiro 5 de novembro foron un total de 16, dos 26 rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato que cursan o Bacharelato de Artes.


Presentaron as súas creación o pasado 9 de outubro, unha por cada alumno, incluíndo 2 versións de cada deseño: unha en cor e outra en branco e negro; así como o esbozo a man e a versión dixital do mesmo.


O deseño gañador elixiuse por votación dos propios 26 alumnos/as da clase e o resultado anunciouse hoxe públicamente. Os deseños inclúen os logotipos oficiais de La Vuelta e o escudo do Concello de Mos, e a meirande parte deles, incluído o gañador, inspíranse na simboloxía clásica do escudo e a bandeira de Mos: a rosa, o xadrezado en cores vermello e amarelo… e do ciclismo: bicicletas, rodas… etc. É por elo que as cores dominantes en case todos os deseños son o negro, o branco, o vermello, o amarelo e o verde.


Boa parte do bo resultado dos deseños ven dado pola formación previa e o labor docente da profesora de deseño que os instruiu en nocións fundamentais de publicidade e márketing tales como público obxectivo, ‘target’, cliente… etc.


Da mascarilla gañadora procedeuse á producción de varios centos de unidades que están financiadas por La Vuelta e serán entregadas como agasallo institucional con motivo da saída de La Vuelta 2020 en Mos o vindeiro 5 de novembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.