O PORRIÑO
O Porriño preto do medio cento de positivos na Covid-19
Nos últimos dous días producíronse 19 contaxios
Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados por Covid "é verdadeiramente preocupante"
A alcaldesa de O Porriño, Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados por Covid "é verdadeiramente preocupante", segundo valorou despois de recibir este mediodía datos concretos sobre a incidencia actual da pandemia no concello. O número de persoas infectadas ata onte é de 46 das que 19 son contaxios acaecidos entre o luns (12) e martes (7).
O Porriño permanece dende hai catro días no grupo de concellos en alerta vermella polo número de contaxios en relación coa a súa poboación.
A alcaldesa explicou que o Concello "adoptou medidas a maiores por que sabemos que hai sitios onde a xente non garda a distancia de seguridade. Foi a razón pola que pechamos os parques infantís; non `polos nenos senón polos maiores; ou a razón pola que ordenamos que as competicións deportivas sexan a porta pechada".
Eva García engadiu que "sei que ás veces é difícil de aceptar esas medidas pero eu como responsable do que ocorra no concello do Porriño teño que tomar esas decisións para velar pola saúde de todos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126