REDONDELA
O Servizo de Emerxencias Ide Redondela retira un niño de Vespa Velutina de grandes dimensións
Esta semana o S.E.I.S de Redondela retirou un niño de Vespa Velutina de grandes dimensións, nunha figueira da finca dunha vivenda da parroquia de Quintela. O niño foi inutilizado a semana pasada polo servizo de emerxencias e foi preciso dispararlle cun fusil de aire comprimido automático 12 veces para eliminar a actividade cando o habitual veñen sendo de cinco a seis disparos. Esta mañá visitaron o lugar e o comprobar a falta de actividade procederon a retirada deste niño que as dimensións que tiña desmarcase do habitual neste tipo de actuacións que veñen sendo niños do tamaño dun balón de fútbol.
Emprego de armas automáticas
O Servizo de Emerxencias de Redondela comezou a utilizar na campaña de loita contra as Velutinas deste ano dúas armas automáticas de aire comprimido e traxes de seguridade lixeiros que facilitan e reducen o tempo das actuacións en mais dun 60 %. Este equipamento foi adquirido pola Concellería de Medio Ambiente en Decembro do pasado ano con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O departamento medioambiental dotou o servizo dun local de custodia para as armas e equipamento que tan só pode ser utilizado por persoal autorizado. O equipamento tamén dispón dun conxelador para manter conxeladas a balas que conteñen veleno con base alcohólica mesturado con auga para facilitar a conxelación e poder introducir as balas nos cargadores con capacidade para 10 disparos. De momento no que vai de campaña o Concello de Redondela eliminou máis de 120 niños de Vespa Velutina cantidade que continuará en aumento pois continúan chegando avisos o departamento de medio ambiente.
Redución de riscos para o persoal do Concell
Dende o inicio da campaña os resultados do emprego deste tipo de armas deron resultados satisfactorios pois a sua utilización permite o persoal do Concello actuar a maior distancia dos niños diminuíndo notablemente pos ricos de actuación. Tamén se ten constatado que a cantidade de veleno empregado é moito menor que coa pértega que se utilizaba en campañas pasadas reducindo así a introdución desta sustancia no medio ambiente. Por outra banda o tempo de actuación redúcese con unha porcentaxe moi elevada con respecto a pértega que se utilizaba en campañas pasadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149