GALICIA
A Xunta licita o contrato de explotación da Estación de Autobuses de Vigo
As empresas interesadas neste contrato, por un período inicial de 1 ano e prórroga por outro ano máis, poderán presentar as súas ofertas ata o día 25 de novembro
A Xunta publica, na Plataforma de contratos públicos de Galicia, a licitación do contrato de explotación da estación de autobuses de Vigo, por un valor estimado de 775.000.
En virtude do contrato, a entidade concesionaria asumirá a xestión da terminal de autobuses da Xunta, na Avenida de Madrid, por un período inicial de 1 ano, cun valor inicial de máis de máis de 387.000 e a posibilidade de prórroga por outro ano máis, ata acadar os 775.000 euros.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o día 25 de novembro.
O contrato inclúe a xestión do servizo da terminal, a explotación dos locais, servizos complementarios e das zonas comúns, xunto coa explotación publicitaria
O contrato de concesión licitado hoxe inclúe a xestión do servizo público correspondente á terminal de autobuses, a xestión e explotacións dos locais e servizos complementarios, das zonas comúns da terminal e tamén a explotación publicitaria.
A licitación da explotación da terminal de autobuses de Vigo ten como obxectivo garantir a prestación deste servizo público, toda vez que o actual servizo de explotación remata a finais de xaneiro do vindeiro 2021.
O anuncio publicado hoxe, recolle o orzamento base da concesión por 49.300 euros en concepto de compensación por obrigas de servizo público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22