PROVINCIA
A Xunta de Galicia adxudica tres parcelas na Plisan á empresa conserveira Hijos de Carlos Albo
Como resultado da poxa pública convocada polo IGVS o ano pasado, correspondeulle á firma galega unha superficie de 63.000 metros cadrados de solo
A Xunta de Galicia, a empresa Hijos de Carlos Albo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta semanaas escrituras polas que se formaliza a adxudicación de tres parcelas na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) á firma conserveira.
A empresa conserveira Hijos de Carlos Albo resultou adxudicataria de tres parcelas na Plisan cunha superficie total de 62.979,54 metros cadrados como resultado da poxa pública convocada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o ano pasado. A adxudicación realizouse en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao solo pagando cada ano una pequena cantidade, o que lles facilita financiar a súa instalación e o inicio da actividade nas mellores condicións posibles.
En concreto, supón o pago dun canon anual do 1,5% do prezo da parcela durante os dous primeiros anos, do 2,5% do prezo nos anos terceiro e cuarto e do 3,5% do prezo a partir do quinto ano. O dereito de superficie concédese por un prazo de 30 anos e ao finalizar este período, as entidades promotoras da Plisan, mediante acordo unánime e previa petición do adxudicatario, poderán conceder ata un máximo de tres prórrogas sucesivas, cunha duración de 10 anos cada unha, de maneira que o dereito de superficie poderá estenderse ata un máximo de 60 anos.
Tamén se adxudicaron outras dúas parcelas, que suman preto de 5.600 metros
Posteriormente, os adxudicatarios poderán adquirir a propiedade da parcela se o desexan. Para estes efectos, o prezo de venda será durante os cinco primeiros anos, o prezo de remate polo que se lle adxudicou o dereito de superficie; e nos anos seguintes, o importe sobre o que se estea calculando o canon no momento no que se comunique ás entidades promotoras a vontade de exercer o dereito de adquisición da parcela.
Se a adquisición se realizase durante os 10 primeiros anos de vixencia do dereito de superficie, descontarase do prezo de venda o 40% das cantidades satisfeitas ata ese momento en concepto de canon.
Dúas parcelas máis adxudicadas
Ademais das parcelas asignadas a Albo, na Plisan tamén se adxudicaron outras dúas parcelas, de maneira que a superficie total adxudicada se aproxima aos 69.000 metros cadrados. En todos os casos, o solo foi adxudicado en réxime de dereito de superficie.
Cómpre lembrar que na Plisan xa están rematadas as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais, a primeira fase da zona LE (Loxístico empresarial), así como a estación depuradora de augas residuais (EDAR) -recibida recentemente polo IGVS-.
Así mesmo, antes de finais deste ano está previsto tamén que rematen as obras de construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186