Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 06 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación busca a reactivación das empresas turísticas coa III Aceleradora SmartPeme

Un total de 10 empresas xa están a participar na 3ª edición que busca capacitalas en comercialización, competitividade e imaxe dixitais

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar, a través do programa SmartPeme TurisTIC, unha nova edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia. Un total de 10 proxectos empresariais, o dobre que na pasada edición, xa se están a beneficiar desde esta semana das diferentes actividades de mentorización, titorías personalizadas e actividades de capacitación para avanzar durante 3 meses, ata mediados de febreiro, na súa adaptación ao comercio do século XXI.

 

As empresas beneficiarias, que foron seleccionadas entre os máis de 20 proxectos que se presentaron, son: A Moura Galaica-Galicia Legends (mapa web interactivo), Viajes Airbus (axencia de viaxes), Amartumar (fomento do sector pesqueiro), Fundación Pazo de Mos (organización de actividades e eventos no Pazo), Mr & Mrs Kendall (servizo de experiencias personalizado), Capptus (xogo de captura nun destino), Turismo de Historias (actividades de formación e divulgación en Galicia con base na investigación histórica), Recunchos (axencia de viaxes en liña), Alecrín (empresa de turismo de natureza) e Corticata (rutas e actividades en Vilagarcía de Arousa).

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra duplicou o número de empresas participantes nesta convocatoria do programa, inicialmente previsto en 5

 

 

 

 

Nesta terceira edición da aceleradora, a Deputación decidiu finalmente duplicar as prazas do programa para poder atender 10 empresas xa que esta edición ten como obxectivo principal axudar ao sector turístico, que necesita moi especialmente reactivarse tralo duro golpe que está a sufrir por mor da pandemia da COVID-19. A institución conseguirao a través do asesoramento a estas pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas, axudándoas a través das novas tecnoloxías a desenvolver novos proxectos ou a innovar nos seus negocios xa en marcha.


 
O programa desenvólvese en dúas fases. A primeira é a de mentorización, que inclúe o deseño da folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto –para o que estarán acompañadas por unha persoa experta en turismo– e un programa intensivo de titorías que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e cun especialista en competitividade empresarial. Nunha segunda fase, a aceleradora centrarase nos obradoiros de capacitación enfocados na comercialización en liña dos estabelecementos e destinos turísticos, en imaxe dixital e en competitividade empresarial.

 

A medida que se desenvolva a aceleradora, a equipa de profesionais de SmartPeme valorará individualmente o número de sesións e a frecuencia que precisa cada un dos 10 proxectos, para así axustarse ás súas necesidades específicas. En canto ás súas demandas, salienta a súa necesidade de formación en ferramentas para a promoción e a publicidade que as axuden a gañar visibilidade. Deste xeito, coa súa participación na aceleradora TurisTIC de SmartPeme, conseguirán novas canles coas que chegar a máis clientela e así tratar de recuperar os efectos provocados pola COVID-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.