Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño expresa o seu pesar polo falecemento do profesor Moncho Iglesias

O goberno municipal no nome do Concello do Porriño expresa o seu fondo pesar polo falecemento do profesor Moncho Iglesias.


A alcaldesa Eva García lembrou a inestimable colaboración que o profesor mantivo co Concello nos traballos que se editaron ao longo destes últimos anos sobre a obra e figura do arquitecto Antonio Palacios. Moncho Iglesias tiña un extraordinario coñecemento sobre Palacios como acredita a súa bibliografía na que hai varios títulos sobranceiros adicados ao arquitecto porriñés. De feito coa colaboración do Concello editáronse a propia tese doutoral de Iglesias que adicou a Palacios e o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia", no que se recompilan un cento de bocetos, debuxos e apuntes dos cadernos de campo, totalmente inéditos, que o arquitecto realizou nas súas viaxes.

 

A alcaldesa lamentou que a desaparición de Moncho Iglesias impida a súa participación nos actos que ata o 27 de outubro de 2021 celebrará o Concello coa ocasión do "Ano Arquitecto Antonio Palacios".

 

Pola súa banda, tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación recoñeceu no nome da comunidade educativa porriñesa a intensa traxectoria pedagóxica e o gran legado que deixa o profesor Iglesias como docente que foi do Instituto de Ensino Secundario Pino Manso da nosa vila ata a súa recente xubilación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.