GALICIA
A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu hoxe por videoconferencia na xornada ‘La carretera segura, verde y conectada en el contexto del programa Next Generation Europe’
A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas e na súa adaptación ás novas tecnoloxías.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu hoxe, por videoconferencia, na xornada ‘La carretera segura, verde y conectada en el contexto del programa Next Generation Europe’, organizada pola Asociación Española de la Carretera.
A Comisión Europea promove un plan de recuperación que proporcionará axudas destinadas a promover políticas aliñadas cos retos verde e dixital no eido das estradas e da mobilidade.
Francisco Menéndez subliñou que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico e social da comunidade galega, polo que a Xunta vén traballando nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos, en particular do mecanismo Next Generation.
Francisco Menéndez subliña que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico, polo que a Xunta traballa nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos
Precisou que o Goberno galego ten definido actuacións en materia de estradas que teñen un encaixe axeitado nos obxectivos da Unión Europea para o ano 2030, no marco do Pacto Verde e da dixitalización.
Apuntou que as estradas son o soporte dos medios de transporte e cómpre preparalas en consonancia coas novas tecnoloxías coa fin de impulsar o vehículo autónomo, eléctrico e conectado.
A Xunta aposta por continuar intensificando a transformación das vías autonómicas en eixos de mobilidade sustentables coa execución de sendas peonís seguras e integradas na paisaxe, tal como se veñen acometendo no Plan de Sendas de Galicia.
O Executivo autonómico tamén propón seguir traballando a prol da mellora da seguridade nas estradas, un obxectivo prioritario recollido na propia normativa europea. Nesta liña, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa vén desenvolvendo unha estratexia para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186