GALICIA
Medio Ambiente destaca que a conciencia social sobre o valor da paisaxe
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa no acto de comunicación e entrega deste recoñecemento que pon en valor o traballo das administracións locais á hora de protexer e conservar a súa riqueza natural e paisaxística
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta semana que o recoñecemento dos 26 concellos premiados co distintivo Vilas en Flor son moito máis ca un premio ou un selo de calidade, xa que denotan a importancia da conciencia social sobre o valor da paisaxe para estes municipios, que cada día se implican na protección e conservación da riqueza natural e paisaxística dos seus concellos.
A conselleira de Medio Ambiente salientou que este tipo de galardóns, xunto coas iniciativas que impulsa a Xunta, contribúen a situar a paisaxe na axenda social; pois a paisaxe é unha cuestión esencial e identitaria de Galicia. Nese sentido, salientou o compromiso asumido pola Xunta de definir unha política eficiente en materia de paisaxe, establecendo ferramentas que aposten por manter viva a Galicia verde e azul.
Nesta edición foron distinguidos os municipios de Culleredo, Betanzos, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Sada, Ortigueira, San Sadurniño, Chantada, Mondoñedo, Sarria, Guitiriz, Allariz, Carballiño, Lalín, Salvaterra de Miño, Tomiño, A Guarda, Baiona, Cuntis, Cambados, Gondomar, Salceda de Caselas, Caldas de Reis e Tui
Vázquez Mejuto destacou que se trata dun traballo que implica a colaboración de todos, polo que agradeceu o esforzo dos 26 concellos galegos que hoxe reciben este distintivo (Culleredo, Betanzos, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Sada, Ortigueira, San Sadurniño, Chantada, Mondoñedo, Sarria, Guitiriz, Allariz, Carballiño, Lalín, Salvaterra de Miño, Tomiño, A Guarda, Baiona, Cuntis, Cambados, Gondomar, Salceda de Caselas, Caldas de Reis e Tui) e que son un reflexo da variedade e riqueza paisaxística que atesoura Galicia, un patrimonio inmaterial que se debe conservar para as xeracións futuras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108